8 normativas da UE sobre economía circular, sustentabilidade e residuos que marcaron o 2024

O 2024 resumido en 8 normativas europeas clave sobre residuos, economía circular e sustentabilidade.

This is some text inside of a div block.

O 2024 foi  un ano crucial no avance cara un futuro máis circular na Unión Europea. 

A UE  reforzou a súa estratexia cara a economía circular, a sustentabilidade e a xestión eficiente de residuos mediante unha serie de normativas aprobadas, na súa maioría, na primera metade do ano. Neste artigo, exploramos a principais:

8 normativas da UE sobre economía circular, sustentabilidade e residuos que marcaron o 2024
8 normativas da UE sobre economía circular, sustentabilidade e residuos que marcaron o 2024

1. Regulamento de Materias Primas Críticas

18 de marzo de 2024: O Consello da UE aprobou o Critical Raw Materials Act (CRMA). Esta normativa establece un marco para garantir un suministro seguro e sustentable de materias primas críticas, esencias para as transicións verde e dixital. 

Inclúe obxectivos como extraer o 10% destas materias na UE, procesar o 40% localmente e reciclar o 25%. Ademáis, axiliza os permisos para proxectos estratéxicos, establece avaliacións de riscos en cadeas de suministro e fomenta empregos locais.

2. Regulamento de Traslado de Residuos

25 de marzo de 2024: O Consello da UE aprobou a revisión do Waste Shipment Regulation. As novas normas limitan traslados fóra da UE, prohíben exportar residuos plásticos non perigosos a países non pertencentes á OCDE, salvo excepcións, e reforzan o control de traslados ilícitos. 

Esixen que os residuos sexan tratados ambientalmente de xeito adecuado e actualizan procedementos para a economía circular e a neutralidade climática. Inclúen medidas electrónicas para notificación e autorización de traslados e prohíben exportacións de residuos perigosos a países non OCDE. 

3. Directiva sobre Delitos Medioambientais

26 de marzo de 2024: O Consello da UE aprobou a Environmental Crime Directive, unha Directiva para endurecer sancións e ampliar delitos medioambientais, substituíndo a norma de 2008. 

A lista de delitos aumenta de 9 a 20, incluíndo tráfico de madeira e reciclado ilegal de componentes contaminantes de buques. Introduce penas máximas de a lo menos 10 anos de prisión para delitos graves e multas de ata o 5% do volume de negocios global para empresas. A directiva tamén establece medidas como a restauración do medio e exclusión de financiación pública.

4. Directiva de Emisións Industriais

12 de abril de 2024: O Consello da UE adoptou a Industrial Emissions Directive (IED), unha Directiva revisada sobre emisións industriais e un Reglamento para crear un portal de emisións actualizado (IEP). 

Estas normas reducen emisións contaminantes, inclúen a gandería intensiva e a minaría na súa regulación, e promoven a economía circular e a eficiencia enerxética. Introdúcense permisos electrónicos obrigatorios e sancións de ata o 3% do volume de negocios anual por incumprimentos graves. Tamén se garantiza o dereito a compensación por danos á saúde. O novo portal mellorará o acceso público a datos sobre emisións.

5. Directiva sobre Dilixencia Debida das empresas en Materia de Sustentabilidade

24 de maio de 2024: O Consello da UE adoptou definitivamente a Corporate Sustainability Due Diligence Directive. Esta norma impón obrigas a grandes empresas con máis de 1.000 empreados e facturación superior a 450 millóns de euros, esixindo supervisar, previr e reparar danos aos dereitos humanos e ao ambiente nas súas operacións e cadeas de valor. 

As empresas deberán implementar plans climáticos alineados co Acordo de París e asumir responsabilidade polos perxuizos causados, incluíndo indemnización a vítimas. A aplicación será gradual segundo o tamaño empresarial, iniciando tres anos trala súa entrada en vigor e os Estados terán dous anos para adaptala.

6. Regulamento sobre Diseño Ecolóxico

27 de maio de 2024: O Consello da UE aprobou o Ecodesign Regulation, que amplía as normas a todos os produtos, salvo excepcións como automóbis e bens de defensa. Introduce requisitos como durabilidade, reparabilidade, pegada ambiental e un pasaporte dixital para produtos. Prohíbe a destrución de téxtis e calzado non vendido, con exclusión temporal das pymes. Os criterios serán aplicables en contratación pública para fomentar a sustentabilidade.

7. Directiva do Dereito a Reparar

30 de maio de 2024: O Consello da UE adoptou a Directiva sobre o Dereito a Reparar ou Right-to-Repair (or R2R) Directive, que facilita a reparación de bens defectuosos para reducir costes e fomentar a sustentabilidade.

A normativa obriga aos fabricantes a ofrecer reparacións técnicas, introduce formularios claros para os consumidores, extende a garantía legal en 12 meses se se opta por reparar, e crea unha plataforma para localizar servizos de reparación. A lista de produtos reparables podería ampliarse no futuro. 

8. Regulamento de Envases e Residuos de Envases

16 de decembro de 2024: O Consello da UE aprobou o Packaging and packaging waste regulation, o novo Regulamento sobre Envases e Residuos de Envases, establecendo normas para reducir os residuos e aumentar a reutilización na UE.

As novas regras inclúen obxectivos vinculantes de reutilización, reducción do uso de envases de un só uso e a obriga de minimizar o peso e volume dos envases. Ademais, limítanse as substancias perigosas nos envases en contacto con alimentos. Implementaranse restricións sobre envases de plástico, con obxectivos de reutilización para 2030 e 2040.

En TEIMAS, comprendemos a complexidade dos cambios normativos e o seu impacto nas grandes empresas produtoras de residuos. Por iso, de outubro a novembro de 2024, lanzamos a serie de workshops "Surfing the Tsunami of Sustainability Compliance", un recurso deseñado para explicar e simplificar as normativas máis relevantes. Descubre todos os detalles en tsunami.teimas.com.

Data
15/12/24
Categoría
Normativa
Etiquetas
Compartir en
NOTICIAS

Subscribirse á newsletter

Queres recibir as nosas noticias na túa bandeixa de entrada?