Presentámosche os 5 conceptos clave que che interesa coñecer para xestionar os residuos da túa empresa e cumprir coa normativa española.
A túa empresa produce grandes cantidades de residuos? Presentámosche os conceptos básicos que has de coñecer para poder xestionalos conforme á normativa española.
O 11 de decembro de 2019 a Comisión Europea presentou unha nova estratexia económica: O Pacto Verde Europeo. O seu principal obxectivo é liderar a loita contra o cambio climático e converter Europa no primeiro continente climáticamente neutro do mundo para 2050. Como logralo? Mediante un cambio nos modelos de consumo e de produción, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e potenciando a innovación. Isto tradúcese, entre outras moitas medidas, nunha normativa cada vez máis esixente en materia de residuos, que busca evitar emisións mediante a recuperación de materias primas e enerxía dos refugallos.
Neste artigo presentámosvos os 5 conceptos clave que che interesa coñecer para xestionar os residuos da túa empresa e cumprir coa normativa española::
A Lista Europea de Residuos (LER) é unha relación harmonizada de residuos. Os diferentes tipos de residuos da lista clasifícanse mediante códigos de seis cifras. Os capítulos (catro cifras) e subcapítulos (dúas cifras) definen os tipos de actividades que xeran os residuos.
Se tomamos por exemplo o código “04 02 22”, veremos que “04” corresponde ao capítulo “Residuos das industrias do coiro, da pel e téxtil”, “02” identifica ao subcapítulo “residuos da industria téxtil”, “22” é o código correspondente a residuos de fibras téxtiles procesadas.
Trátase dunha comunicación para o exercicio da actividade, dirixida ao órgano competente en materia de medio ambiente da Comunidade Autónoma na que está situado o centro, a través dun procedemento establecido. Nesta comunicación, o produtor debe indicar os residuos que vai xerar como resultado da súa actividade, que cantidades anuais aproximadas e a que xestores de residuos vai enviar.
Este trámite é obrigatorio para produtores de residuos perigosos e tamén para aqueles que xeren máis de 1000 toneladas de residuos non perigosos.
O número de identificación ambiental (NIMA) é un código empregado a nivel estatal, asignado pola Comunidade Autónoma para identificar os centros rexistrados como produtores e/ou xestores de residuos conforme á Lei de Residuos e Chans Contaminados (Lei 07/2022).
Da mesma maneira que un NIF vai asociado a unha empresa, o NIMA vai asociado a un centro. Enténdese por Centro unha ou varias instalacións suxeitas ás distintas autorizacións ou inscricións, situadas no mesmo emprazamento e cuxo titular sexa a mesma persoa física ou xurídica.
O NIMA está constituído por dez díxitos: os dous primeiros corresponden ao código INE da provincia e os oito restantes son números asignados pola Comunidade Autónoma. Este número asígnase en función de tres factores:
De acordo co Real Decreto de Traslados (RD 553/2020), considerarase operador do traslado á persoa física ou xurídica que organice o traslado dos residuos. Por regra xeral o operador será o produtor dos residuos. Tamén poden selo:
Durante décadas o modelo de responsabilidade dentro da xestión de residuos na normativa española era a chamada “responsabilidade delegada” que establece que a responsabilidade do produtor ou do posuidor do residuo conclúe cando se entrega a un negociante para o seu tratamento, ou a unha entidade de tratamento autorizadas e se acredíte documentalmente. Este modelo revelouse insuficiente xa que nin garante a correcta xestión dos residuos nin permite controlar a rastrexabilidade dos mesmos. A propia Unión Europea recomendaba a España substituír este réxime de delegación por un modelo de "responsabilidade compartida", seguindo o ronsel de países como Francia, Alemaña e Reino Unido.
O réxime compartido regula que o produtor de residuos comparta a responsabilidade do destino final dos residuos, aínda que sexan xestionados por axentes intermedios. Esta medida propicia un efecto de autorregulación entre os actores da cadea de residuos, xa que os produtores buscarán os mellores tratamentos existentes para os seus residuos, e unha correcta xestión do residuo ata a súa valorización ou eliminación final.
A Lei 07/2022 establece a responsabilidade compartida, de tal forma que non é suficiente con entregar o residuo a un negociante ou un xestor intermedio, senón que o produtor debe asegurarse de que o seu residuo chega a un tratamento final..
Neste artigo atoparás respostas detalladas a 13 preguntasexpostas en abril de 2022 polos asistentes aowebinar de TEIMAS sobre aspectos relevantes da Lei de Residuos. Ademais, ofrecémosche unha guía gratuíta coas claves da Lei 7/2022 para empresas xestoras e produtoras.
Se ademais, queres[cumprir coa nova Lei de Residuos na túa empresa],explicámosche como podes logralo con Zero, a solución dixital de TEIMAS para grandes corporacións que permite rexistrar os residuos xerados, identificar os residuos perigosos, crear toda documentación e axilizar a preparación do plan de minimización, memorias e outros informes.