1 solución para 3 tarefas asociadas á xestión de residuos en grandes empresas

Mostrámosche 3 situacións ás que poderías enfrontarte se te ocupas da xestión documental nunha gran empresa, e como afrontalas con éxito.

This is some text inside of a div block.

Coa entrada en vigor da Lei de Residuos e Chans Contaminados (Lei 7/2022) as empresas españolas deberán de adaptarse a unha normativa que busca impulsar a economía circular e contribuír á loita contra o cambio climático.

Para atinxir estes obxectivos, a nova Lei promove unha serie de medidas que dotan ás empresas dunha maior responsabilidade sobre os residuos que xeran e a obriga de documentar o correcto tratamento dos mesmos.

Este proceso de documentación require unha recompilación de datos que pode resultar complexa para as grandes corporacións produtoras de residuos, dada a diversa tipoloxía e orixe dos refugallos que xeran, así como o número de actores implicados na súa xestión.

Sen un sistema estandarizado, seguro e áxil para consolidar os datos de residuos, esta xestión pode xerar unha gran sobrecarga administrativa e ocasionar erros. Comentámoscho a través dun exemplo ficticio, protagonizado por un Director de Calidade e Medio Ambiente dunha gran corporación. Vexamos tres situacións ás que se enfronta no seu día a día:

Preparar auditorías e inspeccións ambientais

É luns e un Director de Calidade e Medio Ambiente, ao que chamaremos Juan, diríxese á súa oficina. Traballa para unha gran multinacional que, grazas á súa esixente estratexia de economía circular, está a conseguir reducir o impacto das súas actividades industriais no medio ambiente.

Hoxe Juan non está para bromas: o venres a empresa non logrou superar a auditoría para a certificación de Residuo Cero dunha das súas fábricas. E todo por non poder documentar adecuadamente a rastrexabilidade dos residuos.

«O problema é que non temos un control total sobre os datos de residuos: chégannos a través de distintos colaboradores e en diferentes formatos“ - cóntalle Juan ao Director Xeral. “Dedicamos moitas horas para revisar os datos. E, aínda así, atopamos incongruencias. E se os datos non son fiables, non podo asegurar que vaiamos conseguir o certificado de Residuo Cero tras a próxima auditoría».

Supervisar a tramitación de documentación de residuos

Ese mesmo día, Juan ten que supervisar a presentación de documentación legal na plataforma do Ministerio. Revisou varias veces as notificacións de traslado e os documentos de identificación para asegurarse que, ademais de ser correctos, cumpren coa normativa de residuos vixente en España.

«En xullo entrou en vigor unha nova Lei de Residuos, a 7/2022. Agora o produtor inicial dos residuos ten que asegurar o seu adecuado tratamento e acreditalo documentalmente. Se non presentamos a documentación correcta expoñémonos a sancións» explica Juan ao Director Xeral.

Interpretar e organizar toda a información de residuos

Mentres revisa a documentación de traslados que lle fixeron chegar, Juan comproba que a información non é coherente. Faltan algúns datos dos traslados que se realizaron.

«NNon é a primeira vez que ocorre. Estamos a unificar os datos de residuos nunha folla de cálculo. A información chéganos en distintos formatos e engadímola de forma manual. Ademais, máis de 25 persoas teñen acceso a ela —tanto persoal técnico interno, como algúns colaboradores externos—. É fácil que alguén se equivoque, borre unha fórmula ou oculte unha columna.» explica Juan, de novo, ao Director Xeral.

Supera auditorías, cumpre coa normativa e accede de forma segura aos teus datos de residuos

Ata o de agora expuxemos 3 tarefas asociadas á xestión de residuos en grandes corporacións: a superación de auditorías ambientais, a correcta tramitación documental e a organización de miles de datos procedentes de distintas fontes.

Por sorte, hoxe en día existen solucións tecnolóxicas para consolidar a información de residuos de forma segura, fiable e áxil. Falamos de Zero, o software empregado por multinacionais e grandes empresas para cumprir coa normativa de residuos, optimizar o seu consumo de recursos e avanzar nas súas estratexias de sustentabilidade ambiental.

Como funciona Zero?

A continuación resumímosche as principais características e funcionalidades que converten a Zero no software elixido polas grandes corporacións que buscan unha solución tecnolóxica limpa e rendible para a xestión de residuos:

Consolidación de datos

Zero permite unificar e organizar os datos de residuos, sen importar o seu formato, desde a súa xeración ata o punto final (cantidade, tipo, destino, tratamento, saídas). Poderás obter datos individualizados por residuo concreto ou por agregación dos mesmos.

Operativa e rastrexabilidade

Controla os movementos internos e externos de residuos, así como o almacén, para lograr unha rastrexabilidade total.

Xestión de documentación

Con Zero poderás axilizar a preparación de inspeccións, auditorías e memorias de sustentabilidade a través do acceso a un histórico de datos e poderás crear informes exportables.

Accesible de forma global

Zero é accesible desde calquera dispositivo e navegador conectado a Internet. Isto facilita o acceso a todos os axentes que deban reportar ou consultar información.

Multidiomas

Zero permite o uso de varios idiomas (actualmente español, inglés e portugués), extensible a outros idiomas.

Seguridade

Zero conta cun sistema xerárquico de asignación de usuarios e roles que garante a seguridade e facilita a subcontratación da xestión documental. Ademais, emprega protocolos de control de acceso e de comunicación seguros a través da rede. Desta maneira, desde un único emprazamento poderás controlar distintas localizacións, con información individualizada ou consolidada.

Reporting e capacidade de análise

Permíteche relacionar toda a información almacenada sobre residuos de maneira gráfica e sintetizada e extraer coñecemento de interese para as certificacións, plans de mitigación do quecemento global, plans de economía circular e de residuo cero das compañías.

Falamos?

A través de solucións tecnolóxicas como Zero damos soporte especializado en xestión de residuos desde 2008, asegurando a cobertura legal e facilitando o fluxo e a análise de información para favorecer e impulsar negocios sostibles.

Ponte en contacto connosco a través deste formulario para concertar unha videochamada cun membro do noso equipo e axudarémosche a buscar a mellor solución para a dixitalización da túa xestión documental de residuos.

Data
22/9/22
Categoría
Tecnoloxía
Etiquetas
Compartir en
NOTICIAS

Subscribirse á newsletter

Queres recibir as nosas noticias na túa bandeixa de entrada?