Entrevistamos a Rocío García Carril para coñecer en primeira persoa o papel dun Quality Assurance nun equipo de Tecnoloxía e cales son as súas funcións en proxectos de desenvolvemento de solucións tecnolóxicas como Teixo, o software de TEIMAS para profesionais do sector residuos (xestores, axentes e negociantes).
Entrevistamos a Rocío García Carril para coñecer en primeira persoa o papel dun Quality Assurance nun equipo de Tecnoloxía e cales son as súas funcións en proxectos de desenvolvemento de solucións tecnolóxicas como Teixo, o software de TEIMAS para profesionais do sector residuos (xestores, axentes e negociantes).
Rocío, es programadora web e en 2021 empezaches a traballar en TEIMAS como Quality Assurance. Como foron os comezos?
Pois si, en maio de 2021 entrei a traballar en TEIMAS como QA, que é a persoa encargada de asegurar a calidade do software e de previr fallos nel. O meu obxectivo principal, a curto prazo, foi aumentar a cobertura de test que había en Teixo. Nese momento xa se realizaban tests para que a aplicación non fallase e desde o departamento de Tecnoloxía marcáronse como obxectivo reforzar este aspecto para optimizar a calidade do software.
Cales foron os teus primeiros pasos no teu novo rol profesional?
Os primeiros días os meus compañeiros explicáronme (tanto técnica como funcionalmente) como era Teixo para que puidese empezar a testear. A miña experiencia no sector era nula pero, grazas á formación inicial e ás miñas ganas de aprender e integrarme pronto no proxecto, rapidamente comecei a operar de forma moi efectiva e, por que non dicilo, satisfactoria: aos 15 días xa estaba a subir os meus primeiros commits* de “adestramento” e ao mes, os primeiros con test de Teixo.
Cal foi o proceso para alcanzar a cobertura desexada?
Empezamos por unha cobertura horizontal, consistente en realizar un test daquelas funcionalidades básicas máis empregadas polos usuarios que aínda non se atopaban na lista de tests imprescindibles xa realizados.
Cal era o obxectivo deste proceso?
Todo este traballo que acabo de comentar tiña no punto de mira unha migración do software para a que necesitabamos ter o 50-70% da cobertura de test para poder facela con garantías. Precisamente, conseguir esta porcentaxe era o obxectivo do primeiro trimestre do novo ano en QA.
Como se mediu a porcentaxe durante o proceso?
Para medir a porcentaxe usamos unha xema* que analizaba todo o código de Teixo. En función do que xa estaba testeado e o total de liñas de código do proxecto devolvíanos a porcentaxe.
A finais do primeiro trimestre o obxectivo do 50% estaba cumprido e a migración foi realmente un éxito. A partir de entón, centrámonos en facer os test en profundidade, isto é, test de funcionalidades máis concretas ou funcionalidades que non se foron considerados con prioridade alta anteriormente. Agora seguimos cos test en profundidade e empezamos a centrarnos xa en tests de novas funcionalidades que van entrando nas actualizacións.
Que tal ata o de agora? Cal é ti balance da túa experiencia en TEIMAS?
Facendo un balance global, o ano e medio que levo en TEIMAS foi de pura aprendizaxe tanto a nivel profesional como persoal. Ao principio todo era novo para min, pero pronto me integrei coa axuda de todos os meus compañeiros. Así que, espero seguir aprendendo de todos elas e eles e continuar contribuindo a que este proxecto siga crecendo!
Termos informáticos que atoparás neste artigo
*Xema: trátase dun conxunto de arquivos de código (chamados librerías en programación) empregados para desenvolver software.
*Commit: poderiamos describilo como a “instantánea” de cada un dos cambios que se realizan no código. Permítenos contar varias versións do código. Os cambios fanse nun repositorio local, en que se traballa, e, normalmente, sóbense a un repositorio remoto para que poida acceder outra persoa que traballe no proxecto.