Explicámosche, a través dun exemplo real, como facer fronte a diversos problemas asociados á xestión documental de residuos coa axuda do software especializado Teixo.
Nos últimos dous anos producíronse importantes cambios normativos que afectan a gran parte dos profesionais do sector residuos, entre os que destacan os contidos o Real Decreto de traslado de residuos (RD 553/2020) e a Lei de Residuos e Chans Contaminados (7/2022):
Se ata o de agora empregabas follas de cálculo e papel para xestionar toda a documentación de residuos dos teus clientes, a tramitación electrónica supón un cambio importante na túa operativa diaria porque terás que familiarizarte coas distintas plataformas ambientais. Ademais, necesitarás optimizar o teu proceso de traballo para non perder o teu nivel de competencia fronte a outras empresas do sector que xa dixitalizaron a súa xestión documental.
Pero, como dar os primeiros pasos cara á transformación dixital? Explicámosche, a través dun exemplo, como realizar a xestión documental de residuos de maneira tradicional e como poderías facelo con Teixo.
Comeza unha semana do ano 2022 e Óscar, Director de Medio Ambiente nunha empresa dedicada á xestión integral de residuos, acaba de recibir unha notificación da Administración Pública. Nela indícase que, desde o 01/09/2020, alguén do seu equipo tramitou a documentación dun cliente nun formato incorrecto e fóra de data.
“É unha situación que se repite habitualmente desde hai uns meses” - Explícalle Óscar a Marta, socia fundadora da empresa. “Agora temos que tramitar toda a documentación de residuos a través de 4 plataformas ambientais: Andalucía, Galicia, Valencia e e-Sir, que é a do Ministerio. Dedicar tanto tempo a xestións administrativas non é rendible. Estamos a deixar de lado outras tarefas moito máis importantes para a empresa”.
Estamos a finais de febreiro e, como cada ano, Óscar ten que encargarse de enviar o arquivo cronolóxico e unha memoria anual ao Ministerio antes do 1 de marzo. Vai xusto de tempo porque algúns datos non coinciden.
Oscar: “O de sempre… Alguén tocou a folla de cálculo e borrou unha columna…. Agora teño que localizar a documentación en papel e volta a empezar… Contaba con preparar todo isto en 15 días e agora tardarei o dobre porque teño que recuperar toda a información perdida”.
A piques de saír da oficina chámalle a súa compañeira María, que é técnica de medio ambiente.
María: Óscar, non marches. Tes que xerar e asinar uns contratos de tratamento”.
Óscar: “Non podes esperar a mañá, María? Hoxe teño présa”.
María: Síntoo, pero non. Son para o noso principal cliente e necesítoos xa”.
"Non podo tomarme nunca un respiro…” - pensa Oscar.
Ata o de agora presentámosche tres tarefas asociadas á xestión de documentación de residuos. Todas estas tarefas (tramitación electrónica, firma de documentos e creación do arquivo cronolóxico e memorias anuais) poden xerar unha gran sobrecarga administrativa. Explicámosche como poderías aforrar tempo e diñeiro realizando ditas tarefas con Teixo:
Con Teixo poderás xerar toda a túa documentación ambiental ( contratos de tratamento, notificacións de traslado, documentos identificativos, etc.) en formatos sempre actualizados e tramitala directamente coas plataformas autonómicas (GAIA, de Galicia, SIACAN de Cantabria, IKS-eeM do País Vasco, a plataforma de Navarra, plataforma de Aragón, SDR de Cataluña, SINGER de Baleares, ADCR da Comunidade Valenciana, SIRA de Andalucía) ou coa plataforma do Ministerio (e-SIR).
Ademais, Teixo tamén tramita documentación de traslado de residuos coas comunidades autónomas que non dispoñen de plataforma propia: Asturias, A Rioxa, Murcia, Canarias e Estremadura, así como coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla mediante do e-SIR.
Como ata o de agora, de acordo coa normativa de residuos deberás dispoñer dun arquivo cronolóxico e a memoria anual antes do 1 de marzo do ano posterior. Ademais, a nova Lei amplía esta obrigación ás entidades e empresas que transporten residuos perigosos con carácter profesional ou actúan como negociantes e axentes de residuos perigosos.
Non importa se es xestor, axente, negociante ou transportista: con Teixo poderásxerar o arquivo cronolóxico, así como axilizar a obtención dos datos necesarios para cubrir a memoria anual.
Ademais, permíteche crear certificados, informes comerciais e informes ambientais.
Coa firma dixital integrada en Teixo poderás esquecerte de imprimir, escanear e custodiar papeis. Eliminarás as tarefas tediosas, mellorarás o tempo de resposta e aforrarás ata un 80% en custos administrativos fronte ao teu proceso de firma en papel. Funciona de acordo a eIDAS, regulamento europeo 910/2014 que establece os estándares legais e de seguridade para a correcta identificación electrónica da firma.
Os documentos asinados en Teixo con esta firma, avalada pola empresa Docuten, son inalterables e custódianse e arquivan baixo o cumprimento de estritos protocolos.
Gustaríache saber como funciona o Teixo? Solicita información sen compromiso sobre o software especializado de xestión de residuos desenvolvido por expertos e empregado por máis de 900 centros xestores en España para axilizar a súa xestión documental e cumprir coa normativa de residuos.