O 11 de decembro de 2019 a Comisión Europea presentou unha nova estratexia económica: O green deal. O seu principal obxectivo é liderar a loita contra o cambio climático e converter Europa no primeiro continente climáticamente neutro do mundo para 2050. Como logralo? Mediante un cambio nos modelos de consumo e de produción, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e potenciando a innovación. Isto tradúcese, entre outras moitas medidas, nunha normativa cada vez máis esixente en materia de residuos, capaz de evitar emisións mediante a recuperación de materias primas e enerxía dos refugallos.
Nesta guía, dirixida a empresas produtoras de residuos, presentámosche os conceptos clave, normativa e principal documentación que debes coñecer para poder xestionar os residuos da túa empresa conforme á actual normativa española.