A dixitalización está a revolucionar a época actual e afecta directamente a todos os ámbitos en xeral, o sector da xestión de residuos non é unha excepción, xa que o uso das tecnoloxías dixitais proporciona mellores ferramentas para favorecer o manexo adecuado de residuos, reducir custos e optimizar procesos na área. O obxectivo deste estudo é analizar o estado de dixitalización das empresas autorizadas para xestionar residuos en España.