Teimas.com e Gestores de Residuos estrean redeseño

Teimas, empresa adicada á produción de tecnoloxía para o sector dos residuos e a reciclaxe estrea nova web corporativa. Xunto con esta, tamén cambia de cara a plataforma Gestores de Residuos, o primeiro catálogo de xestores de residuos de España e un dos principais medios nacionais especializados no sector dos residuos e da reciclaxe.

Tropa Verde e o Concello de Santiago premian a reciclaxe nas aulas

O Concello de Santiago de Compostela acolleu este luns a entrega dos premios da primeira campaña do programa "Reciclar na escola ten premio", enmarcada dentro do programa Tropa Verde. O acto estivo presidido polo alcalde da capital galega, Martiño Noriega, e contou tanto coa asistencia dos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; como coa dos promotores del proxecto, Teimas Desenvolvemento, e a das empresas colaboradoras.