Xestión de residuos na palma da túa man con App Teixo Logística

TEIMAS, expertos en software para a xestión de residuos, presenta os novos plans da App Teixo Logística, deseñados para facer máis rápida e fácil a operativa de residuos de Teixo.

This is some text inside of a div block.

Esta aplicación móbil para Android está deseñada para potenciar as capacidades de Teixo, o software desenvolvido exclusivamente para axentes, negociantes e empresas xestoras de residuos.

Con esta app, o persoal en ruta pode realizar e xestionar recollidas e entregas de residuos ata a entrada na planta de maneira eficiente, sen necesidade de acceder a Teixo dende un ordenador, levando os rexistros directamente desde un dispositivo móbil.

Para optimizar a operativa dos clientes de Teixo, a App Teixo Logística incorpora agora un plan deseñado para a recepción eficiente de residuos na planta.

A App que simplifica a xestión de residuos

A App Teixo Logística converteuse nunha ferramenta indispensable para as empresas xestoras de residuos e rexistrou xa máis de medio millón de movementos de residuos. A súa interface intuitiva e funcións avanzadas permiten:

  • Consultar as recollidas e entregas de residuos planificadas para o teu vehículo no teu dispositivo.
  • Identificar facilmente os puntos de recollida, tipos de residuos e contedores.
  • Visualizar toda a documentación relevante, como DI, Albaráns ou Cartas de Porte en tempo real, directamente no dispositivo móbil.
  • Recolleitar firmas electrónicas de conformidade no momento da entrega ou recollida.
  • Enviar automaticamente todos os datos capturados a Teixo para manter actualizado o proceso de xestión de residuos.

Diferentes plans segundo as túas necesidades

A App Teixo Logística ofrece plans adaptados aos diferentes roles e responsabilidades:

- Plan Condutor

Permite aos condutores xerar Documentos de Traslado, engadir condutor, vehículo, datas, pesos e bultos e pasar os DIs ao estado "pendentes de aceptación" e tramitar a parte A do DI se procede e pasar a entrada.

- Plan Recepción NUEVO

  • Deseñado para o persoal de almacén que recibe o residuo, permite indicar pesos reais, marcar residuos non recollidos, engadir residuos xerando os seus documentos de traslado, pasar os DIs ao estado "pendentes de aceptación" e tramitar a parte A do DI, engadir e/ou eliminar produtos ou servizos, encher os datos de aceptación cos pesos e datas reais, pechar documentos de traslado e xerar a entrada na planta.
  • - Plan Condutor Plus NUEVO

    É o plan integral que ofrece todas as funcionalidades do Plan Condutor e do Plan Recepción, permitindo aos condutores que tamén se responsabilizan da entrada dos residuos no almacén realizar o proceso completo dende a mesma aplicación.

    Consegue a App Teixo Logística e comeza a simplificar a túa xestión 

    Esta aplicación está deseñada por expertos en residuos e dirixida a mellorar a eficiencia e a xestión das túas traslados de residuos.

    Integra unha xestión de residuos máis sinxela e rápida en Teixo. Descubra aquí como a App Teixo Logística pode transformar a túa operativa diaria.

    Data
    1/7/24
    Categoría
    Sala de prensa
    Etiquetas
    Compartir en
    NOTICIAS

    Subscribirse á newsletter

    Queres recibir as nosas noticias na túa bandeixa de entrada?