Reforzamos a conexión entre cada un dos nosos produtos, pero tamén coa nosa marca corporativa TEIMAS.
Renovamos a arquitectura de marca de todos os nosos produtos con dous obxectivos: acompañar a constante evolución de TEIMAS e reforzar a comunicación cos diversos actores da cadea de valor do residuo.
En TEIMAS mantemos o noso propósito de sempre, baseado en crear tecnoloxía que beneficia ao medioambiente, axudar ao progreso da sociedade e protexe a saúde das persoas. Con este obxectivo en mente, hoxe en día contamos con solucións dixitais que simplifican o control dos residuos, facilitan o cumprimento normativo e impulsan negocios sostibles en grandes corporacións e en empresas xestoras de residuos.
Toda esta liña de produtos dixitais conta desde hoxe cunhaarquitectura de marca que reforza a conexión entre cada un deles, pero tamén coa nosa marca corporativa TEIMAS de tres maneiras:
Esta renovación reflicte a nosa evolución constante, impulsada en 2019 co lanzamento do software Zero e seguida, en 2020, co cambio a novas instalacións, un forte aumento do persoal e acrecente colaboración con grandes corporacións con presenza internacional.
O cambio de identidade visual verase reflectido no sitio web de TEIMAS, así como nas presentacións da empresa e nas nosas solucións software.
Desde o equipo de TEIMAS, formado hoxe en día por 40 profesionais, damos a benvida a esta renovación de imaxe coa ilusión de potenciar a nosa comunicación con todos os actores da cadea de valor do residuo.
Para obter máis información sobre a nosa marca en evolución, contacta acomunicacion@teimas.com.