Descobre como Teixo, a solución líder en xestión de residuos, adáptase aos desafíos normativos e tecnolóxicos cunha estratexia innovadora, asegurando rendemento e cumprimento nun sector en constante evolución.
A xestión de residuos vén acompañada da xeración de grandes cantidades de datos (tipoloxía, cantidade, tratamento…). Para interpretar esta información, tomar decisións estratéxicas e cumprir coas normativas vixentes, é fundamental contar con ferramentas dixitais efectivas.
Entre elas atópase Teixo, a solución software para a xestión profesional de residuos desenvolta por TEIMAS e empregada hoxe día por máis de 990 centros xestores de residuos en España.
En 2020 entrou en vigor o Real Decreto 553/2020 que regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado. Esta norma estableceu a obrigatoriedade de realizar todos os trámites de traslado de residuos de forma telemática e a posterior entrada en vigor da Lei de Residuos 07/2022 foron decisivas para impulsar a dixitalización dun sector tradicionalmente analóxico.
Estas novidades regulatorias provocaron un aumento significativo no número de usuarios de Teixo que trouxo consigo dous efectos secundarios: por unha banda, Teixo debía ser capaz de soportar máis usuarios simultáneos para procesar datos e documentación, e doutra banda, debía facer fronte a solicitudes de informes con maior volume de datos. Todo isto debía lograrse sen comprometer o rendemento de Teixo. A complexidade deste reto radicaba en que o tipo de procesamento de datos óptimo para manexar transaccións habituais -como altas, baixas e modificacións de rexistros (OLTP) -non é o máis adecuado para xerar informes extensos.
Ante este desafío, TEIMAS optou por separar as transaccións habituais (alta, baixa e modificación de rexistros) das tarefas de xeración de informes. Mantívose o uso de OLTP para transaccións cotiás e introduciuse OLAP para a xeración de informes. Mentres OLTP é ideal para procesar moitas transaccións pequenas, OLAP está deseñado para manexar eficazmente un menor número de transaccións grandes.
Os equipos de Desenvolvemento e Sistemas de TEIMAS puxeron en marcha un proceso de Desnormalización, Transformación e Sincronización (que cada noite envorca nunha base de datos OLAP información dispoñible en Teixo, útil para xerar informes), así como un API que serve a información a aqueles clientes que necesitan procesar grandes cantidades de datos.
A segunda fase, en desenvolvemento actualmente, busca realizar esa sincronización practicamente en tempo real grazas a un complexo mecanismo de permite ao software estar atento e actuar ante os cambios, así como colas de mensaxes, consultas, borrados e insercións que permiten ter a información a unha velocidade centos de veces maior e sen afectar o rendemento de Teixo.
Como resultado do desenvolvemento do reporte de datos, en 2024 o software Teixo logrou unha evolución que, en palabras de Cristina Vázquez, CEO de TEIMAS, “responde á capacidade da empresa para innovar e atopar solucións que satisfagan as demandas cambiantes do mercado. É un testemuño claro do noso compromiso constante co sector da cadea de valor do residuo nunha contorna normativa cada vez máis esixente”.
Consulta no glosario de termos os significados de OLAP, OLTP ou API.