Cristina Vázquez, CEO de TEIMAS, recibe o Premio Ada Byron do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o prestixioso Premio Ada Byron de 2024 a Cristina Vázquez, enxeñeira informática e CEO de TEIMAS.

This is some text inside of a div block.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorgou o prestixioso Premio Ada Byron de 2024 a Cristina Vázquez, enxeñeira informática e CEO de TEIMAS. 

Cristina Vázquez comezou a súa carreira profesional nunha consultora tecnolóxica, pero desde 2011 traballa en TEIMAS. Debido ao seu perfil técnico, Vázquez ocupou o cargo de directora de Operacións (COO) participando no deseño, creación e desenvolvemento de produtos software, ademais de formar parte de varios grupos de traballo con distintas empresas e administracións públicas. 

Tamén creou o equipo de éxito do cliente para comprobar de primeira man as inquietudes das empresas ás que dan servizo, e deseñou a folla de roteiro dos produtos da empresa, tendo a oportunidade de coordinar durante varios anos as áreas de negocio, produto e tecnoloxía para conseguir que estean aliñadas entre si e cos obxectivos da compañía. En palabras de Vázquez: “Estes 13 anos en TEIMAS servíronme de preparación para a etapa como CEO que agora comezo. Inicio esta fase con moitísima ilusión e teño ao meu lado a un gran equipo, con moito coñecemento nas súas respectivas áreas. O reto é grande e tamén o entusiasmo” –indica–.

Este galardón do CPEIG recoñece o destacado liderado de Cristina Vázquez á fronte de TEIMAS. Cunha sólida formación en enxeñería informática, Vázquez demostrou unha habilidade excepcional para liderar equipos e desenvolver solucións innovadoras no ámbito da xestión de residuos. Ademais, a súa visión estratéxica e o seu compromiso coa sustentabilidade foron fundamentais para impulsar o crecemento e a expansión internacional actual da compañía.

Data
30/4/24
Categoría
Sala de prensa
Etiquetas
Compartir en
NOTICIAS

Subscribirse á newsletter

Queres recibir as nosas noticias na túa bandeixa de entrada?