Contámosche os puntos clave da influencia internacional das empresas galegas, analizados no Informe Económico e de Competitividade ARDÁN 2023.
A Universidade de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo realizaron unha análise exhaustiva da internacionalización das empresas galegas no Informe Económico e de Competitividade ARDÁN 2023. Este informe, que abarca máis de 35.900 empresas galegas, ofrece unha visión detallada para mellorar o competitividade global da rexión.
O estudo avalía e puntua aspectos estratéxicos, experiencia internacional, compromiso de recursos e resultados obtidos polas empresas, mostrando como un dos aspectos máis salientables a existencia de empresas que dende a súa fundación adoptaron estratexias de alto compromiso, desafiando o enfoque tradicional da internacionalización gradual. ("empresas nacidas globais").
Ademais, tamén se observa a aparición de “micromultinacionais”, empresas que presentan un comportamento multinacional e buscan interiorizar valiosos recursos dos mercados exteriores. Esta diversidade de enfoques estratéxicos engade complexidade ao panorama empresarial da rexión.
A análise realizada non se limita só ao ámbito empresarial, senón que se amplía para examinar o contexto económico e comercial de Galicia. Preséntanse indicadores clave relacionados co comercio internacional, como as exportacións, as importacións e os fluxos de investimento directo. A pesar das balanzas comerciais positivas, destaca a importancia de adaptarse á dinámica cambiante do comercio internacional.
Algúns aspectos destacados do informe:
Segundo este estudo, a traxectoria das empresas galegas cara á competitividade global é dinámica e complexa, cun proceso de internacionalización que implica estratexias innovadoras e unha xestión eficiente dos recursos.
Entre estas organizacións destacan empresas como TEIMAS, que obteñen o indicador Global Company derivado do Informe Económico e de Competitividade ARDÁN 2023, ocupando o oitavo posto no ranking.
Na edición 2023 do Informe ARDÁN, TEIMAS tamén obtivo outros tres indicadores : Empresa Innovadora, Xestión de Talento e Empresa Circular.