O noso ámbito

A Economía Circular, a xestión intelixente dos residuos e a sustentabilidade son o tres alicerces da nosa cultura corporativa. Achegar valor a estes conceptos guía e inspira a todo o noso equipo.


Economía Circular Economía Circular

Economía Circular

Ante a cultura baseada en «extraer, fabricar, usar e tirar» xorde a economía circular como un novo modelo económico que imita o ciclo de vida natural, onde nada se desperdicia. A Economía circular implica a utilización dos recursos dun modo máis respectuoso co medio ambiente e «pechar o círculo» do ciclo de vida dos bens de consumo, favorecendo a reparación, reutilización e a reciclaxe. Nesta paradigma os residuos non existen, son recursos valiosos que teñen unha utilidade.

Saber máis


Xestión de residuos Xestión de residuos

Xestión de residuos

A xestión de residuos está a cobrar unha gran importancia por motivos ecolóxicos e económicos. Desde os primeiros tempos, nos que a xestión dos residuos se baseaba en transportalos a un lugar apartado e usar a incineración como método de destrución, pasamos a todo un proceso de reciclaxe. Ademais, mellorouse a concienciación sobre a xeración de residuos, o que influíu no deseño dos produtos, e o consumo dos mesmos, para xerar o menor desperdicio posible.

Saber máis


Sostibilidade Sostibilidade

Sostibilidade

Por sostibilidade entendemos a satisfacción das necesidades actuais sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas, garantindo o equilibrio entre crecemento económico, coidado do medio ambiente e benestar social. De aquí nace a idea do desenvolvemento sostible, como aquel modo de progreso que mantén ese delicado equilibrio hoxe, sen pór en perigo os recursos do mañá. A sostibilidade ambiental é aquela que pon o acento en preservar a biodiversidade sen ter que renunciar ao progreso económico e social.

Saber máis