O 17 de Maio de 2015, Día Internacional do Reciclaje e das Letras Galegas, dábase a coñecer en Compostela o proxecto Tropa Verde, promovido por Teimas Desenvolvemento S.L. en colaboración co Concello de Santiago de Compostela e Urbaser.

A través da súa plataforma www.tropaverde.org, nacía unha iniciativa de fomento do reciclaje que permite obter puntos por realizar accións medioambientalmente responsables como reciclar en Puntos Limpos e Centro Socioculturales, ou asistir a talleres formativos de reciclaje. Os puntos recibidos pódense canjear por recompensas e premios nos establecementos comerciais e hosteleros colaboradores.

Con apenas un ano, en 2016 esta iniciativa de concienciación ambiental xa contaba coa participación de máis de 2.000 compostelanos en máis de 12.000 accións ambientais recompensadas cun total de 15.000 euros, e era posta en valor mediante o premio  "Medio Ambiente Aproema" e o primeiro premio Ecoembes de “Mejor campaña de sensibilización de las Administraciones Públicas”. A efectividad de Tropa Verde tamén era recoñecida en 2018 co  premio Ciudad Sostenible na categoría de Xestión de Residuos, concedido pola Fundación Fórum Ambiental ao Concello de Compostela.
Pero o percorrido de Tropaverde non acaba aí, pois grazas á excelente acolleita en Compostela, ao longo destes case 4 anos sumáronse ao proxecto outros Concellos, non só galegos, como Vilagarcía, Porriño, Santa Comba e Ames, senón tamén europeos: e é que en 2018 Tropa Verde alcanzaba unha dimensión europea ao ser seleccionado polo Concello de Santiago para o programa europeo URBACT.


Video de Efe Verde sobre Tropaverde


Financiado conjuntamente pola Comisión Europea e os Estados Membros, URBACT facilita o traballo conxunto das cidades europeas no intercambio e aprendizaxe de solucións para o desenvolvemento urbano sostenible. En 2018 foron 17 as cidades españolas recoñecidas por URBACT polas súas boas prácticas, pero só Tropa Verde abordaba a temática medioambiental.
Ao amparo do programa Urbact creáronse 25 redes de transferencia, unha delas liderada polo Concello de Santiago e conformada por Budapest (Hungría), Demos Pavlou Mela (Grecia), Guimaraes (Portugal), Niza (Francia), e os 20 municipios que conforman a Aglomeración de Opole (Polonia).
Iniciativas como Tropa Verde revelan que a implicación cidadá é fundamental para o éxito das políticas de reciclaje: mostra diso é que a plataforma hoxe en día xa excede en Galicia os 5.600 usuarios rexistrados, colabora con 435 establecementos e desde 2015 xa conta con 400.000 accións recompensadas por un total de 45.000 euros.
A través de novos talleres formativos, aparicións en medios de comunicación e concursos en redes sociais, en 2019 Tropa Verde seguirá buscando o compromiso de todos no coidado e protección dos espazos que habitamos, e premiando as accións medioambientales responsables.

Marta Morán de Tropaverde en el programa "Vin polo Vento" de la Televisión de Galicia



Teimas Desenvolvemento S.L. é unha empresa española precursora en solucións tecnolóxicas para a sostenibilidad e economía circular, fundada en 2008. En Teimas dedicámosnos/dedicámonos en exclusiva ao desenvolvemento de software para o sector residuos para entidades privadas e para a Administración Pública. Os nosos valores son o traballo ben feito, a especialización e a dedicación ao cliente. Somos desarrolladores de TEIXO, o software de xestión integral de residuos máis completo e seguro do mercado, e da plataforma digital ZERØ, ferramenta que optimiza e automatiza os procesos corporativos de control e xestión de recursos e residuos. Tamén somos responsables do portal online líder en fala hispana do sector residuos: www.gestoresderesiduos.org, e de Tropaverde, plataforma de fomento do reciclaje e responsabilidade ambiental entre a cidadanía.

Imaxe de portada: Grupo Urbact en Santiago de Compostela. Fonte: Concello Santiago de Compostela.