Teimas presentará o seu proxecto o próximo 7 de Xullo no 2º Encontro Vindeira Capital Network en Santiago de Compostela. O encontro está organizado pola Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC (Vindeira), e promovido pola Consellería de Economía e Industria e Gradiant.
O encontro ten como obxectivo estreitar relacións entre emprendedores galegos e entidades de Capital Risco e Business Angels de España que interveñen no sector TIC.
Máis información aquí.