Nace a revista impresa "Gestores de residuos"

Teimas Desenvolvemento, responsable do portal Gestoresderesiduos.org,  editou o primeiro número en papel da Revista Gestores de Residuos. Enviáronse de balde 2.000 exemplares a destinatarios pertencentes ao sector residuos, tanto a entidades públicas como privadas.