Premio Iniciativa Emprendedora

Ricardo Vila, un dos socios fundadores de Teimas, foi o encargado de recoller o pasado venres 26 de xuño en Santiago de Compostela o Premio Iniciativa Emprendedora que otorgou o CPEIG, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, a Teimas Desenvolvemento.

Os colexiados do CPEIG outórganlle a TEIMAS o Premio Iniciativa Emprendedora

A empresa Teimas Desenvolvemento vén de ser elixida gañadora do premio Iniciativa Emprendedora, concedido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Así o decidiron as persoas colexiadas que participaron no proceso de votación, no que se presentaron oito candidaturas. O galardón entregarase no decurso da Sétima Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o 26 de xuño en Santiago de Compostela.

Asinado convernio de colaboración entre o Clúster TIC Galicia e o CPEIG

Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia e Fernando Suárez Lorenzo,  presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG),  asinaron o mércores 15 de abril en Santiago de Compostela un convenio de colaboración.  Con este acordo preténdese "desenvolver actividades de carácter formativo, divulgador e de estudo e análise en materias das competencias tanto do Clúster TIC coma do CPEIG, todas elas a prol do hipersector TIC galego".