TEIMAS obtén os indicadores ARDAN «Empresa Igual en Xénero», «Empresa de Alto Rendemento» e «Empresa Ben Xestionada» TEIMAS obtén os indicadores ARDAN «Empresa Igual en Xénero», «Empresa de Alto Rendemento» e «Empresa Ben Xestionada»

TEIMAS obtén tres indicadores ARDAN 2021: «Empresa Igual en Xénero», «Empresa de Alto Rendemento» e «Empresa Ben Xestionada»

02/11/2021

Nesta época do ano, o servizo de información empresarial ARDÁN da Zona Franca de Vigo asigna os seus indicadores de mellores prácticas empresariais ás empresas galegas máis destacadas en cada ámbito. Este ano 2021 TEIMAS obtivo tres dos nove Indicadores ARDÁN: «Empresa Igual en Xénero», «Empresa de Alto Rendimento» e «Empresa Ben Xestionada».

Orgullécenos e ilusiónanos especialmente obter o Indicador de Empresa Igual en Xénero. Este indicador asígnase a aquelas empresas que presentan altos valores en igualdade desde unha perspectiva de xénero no ámbito laboral e mídese en tres dimensións: igualdade de funcións, igualdade de retribucións e igualdade por actuacións.

ARDÁN tamén nos ve, por terceiro ano consecutivo, como unha Empresa Ben Xestionada: Este Indicador distingue ás empresas que cumpren simultaneamente estes criterios: crecemento dos ingresos, rendibilidade, produtividade e liquidez; con valores por encima da mediana do sector no que operan e durante un período de tres anos consecutivos.

E somos tamén Empresa de Alto Rendimento. ARDAN asigna este indicador ás empresas que alcanzan unha rendibilidade económica media de polo menos o 25% nun período mínimo de tres anos e superior ao 15% en cada un dos anos.