TEIMAS obtén os indicadores ARDAN «Empresa Gacela 2020» e «Empresa Ben Xestionada 2020» TEIMAS obtén os indicadores ARDAN «Empresa Gacela 2020» e «Empresa Ben Xestionada 2020»

TEIMAS obtén os indicadores ARDAN «Empresa Gacela 2020» e «Empresa Ben Xestionada 2020»

25/11/2020

O servizo de información empresarial ARDÁN da Zona Franca de Vigo outorgou a TEIMAS os indicadores de «empresa gacela 2020« e «empresa ben xestionada 2020».

De acordo coas criterios de ARDÁN, as Empresas Ben Xestionadas cumpren varios criterios simultaneamente: crecemento dos ingresos, rendibilidade, produtividade e liquidez, con valores por encima da mediana do sector no que se atopan e durante un período de tres anos consecutivos.

En canto ás Empresas Gacela, son aquelas que presentan unha taxa de crecemento elevada e constante na súa cifra de ingresos, por encima do 25%, durante 3 anos consecutivos, a condición de que a cifra de facturación do primeiro ano do período de análise supere os 300.000 euros.