ZERØ, entre os 34 casos de Economía Verde de GECV ZERØ, entre os 34 casos de Economía Verde de GECV

ZERØ, entre os 34 casos de Economía Verde de GECV

11/11/2020

O Grupo Español de Crecimiento Verde (GECV) presentou en outubro 2020 a publicación “34 Casos de Economía Verde”. Este compendio presenta 34 iniciativas empresariais que contribúen á competitividade e xeración de emprego a través de modelos de desenvolvemento sostible.

O conxunto de casos engloba empresas españolas de distintos tamaños e sectores de actividade e divídense en dous grupos: iniciativas de carácter interno que mostran a evolución das organizacións cara a unha economía baixa en carbono e, en segundo lugar, a oferta de novos produtos e servizos que responden as oportunidades emerxentes do crecemento verde.

No segundo grupo atópase ZERØ, a plataforma dixital desenvolvida por Teimas que facilita o control dos residuos xerados en grandes corporacións, favorecendo a trazabilidad, fluxo de información, cumprimento normativo e o impulso de negocios sostibles.