Skip navigation

ZERØ: Xestión intelixente, circular e sustentable dos residuos para grandes empresas

Que é ZERØ

ZERØ é a plataforma dixital na nube para empresas multinacionais que apostan pola circularidade e trazabilidade dos seus residuos, xa que permite xestionar toda a súa cadea de valor e tomar decisións intelixentes de negocio.

ZERØ é o SaaS (Software as Service) líder en España, empregado por 10 grandes corporacións de diversos sectores. O noso SaaS é robusto, seguro e adaptable a multitude de fluxos de traballo, cun soporte técnico especializado, un equipo de desenvolvemento propio e constantemente actualizado coa normativa vixente.

As empresas deben ser xestionadas tendo presente o impacto que a súa actividade xera no medio ambiente como parte da súa Responsabilidade Social Corporativa e en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e a Axenda 2030. Medir o seu impacto en relación a todo iso e o seu camiño cara á descarbonización, un modelo produtivo circular ou o Zero Waste (Residuo Cero) é posible con ZERØ.

Características principais de ZERØ

Descubre todo o que ZERØ ofrece para xestionar os residuos da túa empresa

Operatividade

Dixitaliza e centraliza todo nun único sitio: Single Source of Truth (SSOT).

  • Accesible na nube e desde calquera dispositivo (multiplataforma).
  • Comunicación fluída e centralizada con provedores e empregados.
  • Automatiza procesos e evita erros.
  • Crea alertas para cumprir datas e normativas.
  • Define roles e niveis de autorización para distintos accesos (multiusuario).
  • Permite subcontratar a xestión da documentación con total tranquilidade.
  • Garante o fluxo de información cos teus colaboradores desde un único lugar.
  • Xestiona e controla os residuos da túa empresa a nivel global (multidioma e multipaís).

Decisións de negocio

Coñecer o ciclo de vida dos teus residuos permíteche reducir custos e controlar os refugallos xerados pola túa empresa.

  • Cadro de mandos con datos agregados e índices de negocio personalizados.
  • Achega valor con datos en tempo real.
  • Impulsa estratexias de sustentabilidade ambiental na túa empresa.
  • Establece boas prácticas na xestión dos residuos.
  • Logra a trazabilidade de todos os residuos, perigosos e non perigosos, desde a súa orixe ata o seu punto final (cantidade, tipo, destino, tratamento, saídas, etc.)
  • Accede a información organizada, práctica e facilmente accesible.

Documentación, memorias RSC e auditorías

Xera, supervisa e tramita documentación dos teus residuos sabendo que está verificada e en regra coa normativa vixente.

  • Accede directamente á túa documentación de residuos (contratos de tratamento, notificacións de traslado, documentos de identificación, arquivo cronolóxico).
  • Envía online e máis rápido ás Administracións competentes.
  • Organiza toda a información de residuos, sen importar o seu formato.
  • Xera informes e reportes cun só clic.
  • Crea alertas personalizadas.
  • Verifica que cumpres coa normativa vixente.

Soporte técnico

O cambio dos fluxos de traballo e das ferramentas software supoñen un grande impacto nas organizacións. Por iso, durante a implantación de ZERØ proporcionámosche un período de acompañamento e soporte para a asistencia aos usuarios e a resolución de dúbidas.

Ademais, o noso equipo experto en xestión de residuos colabora co cliente dando soporte operacional e contribuíndo a fortalecer as súas competencias en xestión ambiental.

Integración e seguridade

ZERØ conta con APIs destinadas a conectar a ferramenta con outros softwares (ERP, ferramentas de reporting, solucións IoT, etc.).

A confidencialidade e a dispoñibilidade da información é clave para TEIMAS e para os nosos clientes. Por iso contamos cun sistema de xestión da seguridade da información desenvolto e certificado segundo as directrices da norma ISO 27001.

Pídenos unha cita

Concreta data e hora para que unha persoa do noso equipo de especialistas en ZERØ te contacte persoalmente.

Podemos concertar unha videochamada ou visitar as túas instalacións para comentar os vosos retos sobre circularidade e sustentabilidade en relación á xestión de residuos.

Os campos con asterisco son obrigatorios


Termos e condicións

Empresas e sectores que xa o usan

Así optimizamos a cadea de valor do residuo para Telefónica

Recoñecementos

Solar Impulse

Desde abril 2021 ZERØ conta coa etiqueta Solar Impulse Efficient Solution, un recoñecemento concedido pola fundación suíza Solar Impulse aos produtos, servizos e tecnoloxías que, como ZERØ, son capaces de protexer o medio ambiente de forma economicamente rendible e axudar a acelerar a transición cara a unha economía libre de carbono e un crecemento económico sustentable.

Esta etiqueta recoñece que ZERØ é unha solución tecnolóxica limpia que axuda ás empresas a cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable número 9 (“Industria, innovación e infraestrutura”) e 12 (“Produción e consumo responsables”).

Para conseguir esta etiqueta, un grupo de expertos independentes verificou que ZERØ cumpre cuns altos estándares de rendibilidade económica e de sustentabilidade ambiental.

101 Exemplos Empresariais #PorElClima

A principios de 2022 ZERØ, o software de xestión intelixente de residuos de TEIMAS, foi seleccionada na cuarta edición dos 101 Exemplos Empresariais #PorElClima polo seu compromiso e ambición climática. A medición do impacto, a redución de emisións, o reporte público das accións e a mobilización social para cumprir cos obxectivos de descarbonización 2050 son algúns dos factores que se valoraron para este recoñecemento.