Ofertas de emprego

Responsable de Persoas e Cultura

9 nov. 2021: Responsable de Persoas e Cultura

En TEIMAS buscamos un/a Responsable de Persoas e Cultura con experiencia tanto na definición de estratexias como na execución de accións.

Desde 2008 desenvolvemos produtos tecnolóxicos orientados a reducir o impacto ambiental das empresas, entidades públicas e mesmo da cidadanía. Centrámonos especialmente na xestión intelixente dos residuos, a economía circular e a sostibilidade, co fin de beneficiar ao medioambiente, a sociedade e a saúde das persoas.

As nosas plataformas de Software as a Service, Teixo e ZERØ, están dirixidas á xestión de documentación da cadea de valor do residuo axudando tanto a Pemes como a grandes empresas.

Uniraste a un equipo de máis de 30 persoas nas nosas oficinas en Santiago de Compostela, cun ambiente de traballo realmente positivo, dinámico e definido polos nosos valores.

Os retos:

Coa túa contribución continuaremos traballando para que TEIMAS sexa a empresa coa mellor cultura, reflectida en indicadores como felicidade, compromiso e employer branding, liderando a definición de estratexias e a execución de accións en recursos humanos, desenvolvemento organizacional e comunicación interna.

Traballarás co CEO e a Directora Xeral, sendo os principais retos:

  • Levar a cabo a estratexia de Recursos Humanos, Persoas e Cultura, de acordo ao plan de crecemento 2021-2024.
  • Contribuír á notoriedade de TEIMAS a través das persoas.
  • Construír un grupo forte, integrado e aliñado cos obxectivos e valores da empresa, capaz de alcanzar os mellores niveis de rendemento.
  • Centralizar e internalizar o conxunto de funcións e ferramentas de recursos humanos que actualmente se atopan externalizadas ou distribuídas internamente.
  • Construír mecanismos de comunicación interna presenciais e en remoto, liderando os proxectos e eventos.
  • Realizar actividades operacionales asociadas a planificación e organización de persoais e oficina.
  • Incorporar talento en diferentes equipos (tecnoloxía, negocio, servizo ao cliente, entre outros) e niveis funcionais.

O que esperamos do teu perfil:

É importante que contes con experiencia de éxito nos obxectivos da posición e que o teu perfil se achegue moito ao que buscamos:

  • Crer no propósito da empresa: beneficiar ao medioambiente, axudar ao progreso da sociedade e protexer a saúde das persoas.
  • Ilusión por vivir os valores da nosa cultura: respecto, equipo e persoas, éxito do cliente, honestidade e non conformismo.
  • Posuír habilidades demostradas en liderado, organización e posta en marcha de novos proxectos.
  • Entusiasmo por traballar en TEIMAS e facela crecer.

Ademais dos retos, temos outros beneficios para ti:

Podes participar no crecemento dunha empresa con proxección nacional e internacional, unindo medio ambiente, tecnoloxía e saúde. Ademais:

  • Non hai teito: canto máis creza TEIMAS máis poderás crecer ti.
  • Conciliación: xornada de 25 horas semanais, que poderás compaxinar coa túa vida persoal e flexibilidade horaria.
  • Posto de traballo nas oficinas de Santiago de Compostela.
  • Condicións a definir en función da experiencia (como referencia, entre 16.000/19.000 € ano para xornada de 25 horas).

Dixitalización e sostibilidade son dous conceptos chamados a liderar esta nova década e disto sabemos moito en TEIMAS.

Contacta con nós e envía o teu CV, carta de presentación e calquera outra información que impulse a túa candidatura a empleo@teimas.com.