TropaVerde TropaVerde

TropaVerde

TropaVerde Europa é un proxecto de TEIMAS para fomentar a responsabilidade ambiental na cidadanía. En forma de plataforma web, conciencia sobre a importancia da reciclaxe premiando de forma directa as boas accións ambientais.

A web TropaVerde conecta o tres elementos necesarios para conseguir o devandito obxectivo:

  • A cidadanía.
  • Os lugares onde os cidadanos e cidadanas podemos depositar residuos e onde nos premiarán con cheques de TropaVerde.
  • Aqueles comercios e establecementos de hostalaría que colaboran achegando premios e/ou descontos.

O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que un cidadano/a deposita un residuo nun dos lugares de depósito de residuos adscrito ao programa, recibe un cheque con estrelas (puntos). O cidadano/a pode acumular esas estrelas na súa conta (previa alta gratuíta na web) para trocalas polos descontos e agasallos que aparecen na web de TropaVerde. As recompensas son achegadas polos comercios e establecementos de hostalaría que colaboran coa plataforma.

↳ Máis información: tropaverde.org