TEIMAS
Desde 2008 desenvolvemos tecnoloxía para a economía circular e a xestión de residuos, tanto para empresas como administracións públicas. Os nosos valores son: traballo ben feito, especialización e dedicación ao cliente. Somos os creadores de Teixo, o software de xestión integral de residuos máis completo e seguro do mercado, e da plataforma dixital ZERØ, ferramenta que optimiza e automatiza os procesos corporativos de control e xestión de recursos e residuos. Tamén somos responsables do portal online de fala hispana líder no seu sector: gestoresderesiduos.org; e de TropaVerde: plataforma de fomento da reciclaxe e responsabilidade ambiental entre a cidadanía.