A plataforma Tropa Verde desenvolvida por Teimas Desenvolvemento foi unha das tres finalistas na categoría de Mellor Campaña 2.0 dos XVI Premios Xornalísticos Ecovidrio, resultando gañadora a Asociación de Ciencias Ambientais (ACA) coa campaña "DesAUTOxícate". Nesta edición foron 59 as candidaturas presentadas. Na foto, José Luís López Fernández (esq.) de ACA posa co merecido galardón e co finalista e responsable de Tropa Verde, Miguel Varela, xerente de Teimas Desenvolvemento.

Na categoría Campaña 2.0 o xurado valorou a creatividade, a innovación, os novos soportes para comunicar, a capacidade de mobilizar e impactar ao cidadán e o impacto viral.

O acto de entrega de premios celebrouse o mércores 18 de novembro na Casa Encendida de Madrid. 
  • Na categoría de Televisión, os gañadores pola reportaxe "Sobra Lixo" emitido por Comando Actualidade (TVE) foron Juan Carlos Cuevas e José Antonio Julián
  • Luisa Pérez obtivo o galardón na categoría de Radio por "O lixo é un tesouro"reportaxe do programa Entre Paréntese de Radio 5.
  • Lluís Amengual, autor da reportaxe "De tirar a usar" publicado en Diario de Mallorca, foi o premiado na Categoría de Prensa.
  • O premio honorífico do xurado á Personalidade Ambiental do Ano correspondeu ao cociñeiro Anxo León polo seu proxecto gastronómico Aponiente.
  • O recoñecemento especial ao Maior impacto Cidadán foi para a iniciativa A Hora do Planeta de WWF. Recolleu o galardón Juan Carlos del Olmo, Secretario Xeral de WWF España.


Sobre Tropa Verde SCQ

Promovida pola empresa Teimas Desenvolvemento xunto co Concello de Santiago de Compostela e Urbaser, Tropa Verde SCQ incentiva a reciclaxe mediante recompensas directas aos cidadáns que se preocupan pola contorna. Cada vez que unha persoa acode aos puntos habilitados para reciclar (Puntos Limpos, Centros Socioculturais..) recibe un cheque con estrelas que pode trocar na web tropaverde.gal polas distintas recompensas coa que os establecementos patrocinadores composteláns contribúen a esta nova e eficaz forma de mellorar a calidade ambiental.
Pór en marcha a Tropa Verde na túa comunidade ou concello é fácil: ponte en contacto connosco no correo electrónico info@tropaverde.gal ou no teléfono 981 523 226.