xela: Cando un cliente pide un informe que parece de uso razoable para todo o resto, todos os usuarios benefícianse del de xeito gratuíto. Nese caso, ademáis e dependendo do interese do informe, podería non cobrarse ao interesado.

Mellora do menú de inventario
Crecen as capacidades e posibilidades da funcionalidade de inventario (localizacións xerárquicas, identificacións físicas, etc.). Por esa razón, o equipo de Teixo decidiu recolocar o menú que permite acceder ás funcións de inventario.

Identificacións Físicas
Introdúcese en Teixo o concepto de identificacións físicas. A identificación física é unha forma de identificar na realidade un elemento do sistema. O máis inmediato é a identificación dos elementos de inventario de xeito que podamos facer referencia a un elemento tanto na vida real como en Teixo. Estas identificacións funcionan como "adhesivos dun só uso" e créanse en cantidade para logo ir asignándoas aos elementos que queiramos identificar. Estas identificacións son únicas no sistema e recoñecibles entre empresas o que nos permitirá, no futuro, que unha empresa que empregue Teixo e reciba un residuo doutra que tamén emprega a plataforma, se ambas están "conectadas", poderá identificar directamente o contido do vulto pola súa identificación física. As identificacións físicas xa se aplican a Elementos de inventario, localizacións e en breve, a vehículos e persoas. O módulo de impresión de identificacións físicas permite imprimilas en etiquetas distribuídas en A4 aproveitando ao máximo as follas usadas.

Tramitación automática con Comunidade de Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia
Engadiuse as comunidades madrileña, catalá, valenciana e murciana ao conxunto de administracións autonómicas coas que Teixo pode tramitar de xeito automático e desatendido. Ademais, renovouse o sistema de tramitación: agora é unha cola persistente o que permite realizar a tramitación con maiores garantías de éxito e un mellor tratamento de excepcións.

Facturación
Completouse a funcionalidade de facturación facéndoa totalmente operativa. Pódese crear a factura desde o Albarán e creáronse as tarifas para que a plataforma asístan os na súa creación. Pódense engadir prezos a produtos e servizos de xeito que a factura se auto-enche deixando despois a posibilidade de aplicar descontos globais ou por liña.

Como vén sendo habitual, corriximos incidencias detectadas polos usuarios nun tempo máis que razoable. Depuramos numerosos mecanismos internos co fin de facilitar a incorporación de novas funcionalidades, capacidades e melloras. Pronto chegará a v1.14 con máis novidades e funcións adaptadas ao sector e ás necesidades dos seus axentes.