Acaba de ser liberada unha nova versión de Teixo. Esta nova versión conta con moitísimas novidades que, xunto coas funcionalidades xa existentes, aportan unha solución completa e integrada á problemática dos xestores e produtores de residuos. Entre as novidades incorporadas inclúense:

Recollidas. É un concepto que persegue que o xestor se centre na súa actividade de recollida e xestión do residuo evitando o papelorio e reducindo drasticamente o esforzo de control. Para iso, selecciónanse os produtores, os residuos de cada un e as autorizacións pertinentes. Teixo xera toda a documentación, envíaa aos interesados, transmíteo á administración e termina por xerar a entrada e os elementos de inventario correspondentes.

Rutas. Permite organizar, visualizar e optimizar rutas de recollida.


Información relacionada. Accedendo á "información relacionada" dun centro ou unha empresa poderemos ver agrupados os datos relevantes de que dispomos tales como os seus documentos, as entradas que veñen del ou as saídas que van cara a el, etc.

Seguimento. Funcionalidade que permite tomar anotacións con data e hora acerca de determinadas entidades como son cetros, empresas ou persoas.

Solicitude de Información. Teixo permítenos enviarlle aos nosos posibles clientes un correo electrónico que lle proporciona acceso a un lugar público do noso espazo na plataforma co fin de que o potencial cliente informe as súas necesidades.

Anulación de documentos. Xa é posible anular aqueles documentos que antes non se podían borrar.

API de integración que dá a posibilidade de integrar un software de xestión interna xa implantado coa plataforma para resolver os problemas de tramitación electrónica de documentos.

Conexión segura
. Para mellorar a seguridade da plataforma e ampliar as posibilidades de conectividad á plataforma, púxose en marcha o acceso encriptado por HTTPS.

Mais información no blogue de Teixo.