É evidente que o Novo Decreto de Traslados 180/2015 do ano pasado supuxo un reto para todas as empresas situadas no cruce de vías entre a tecnoloxía e o sector da xestión de residuos e da reciclaxe

Para Teixo, a plataforma de Teimas Desenvolvemento, sen embargo supuxo outra promesa cumprida, superada; xa que estaba completamente actualizada ao Novo Decreto poucos meses despois da súa publicación. Para a plataforma que xa é sinónimo de eficacia, os obxectivos son claros: O incremento da produtividade, a redución de custes e a fidelización de clientes. Conségueo ano tras año mellorando o servizo e reducindo os tempos de xestión das empresas que la adoptan.

Os seus clientes, xa máis de 150 centros xestores de residuos, avalan la sinxeleza con que grazas a Teixo, capaz ademais do control integral de toda a empresa, afrontaron estas dificultades lexislativas. Pero Teixo non é só para xestores, a súa tecnoloxía comprende todo el fluxo de residuos. Aos centros de xestión débense que sumar tamén 36.600 produtores e 1.600 transportistas de residuos. Só en 2015, Teixo trasladou 1,6 millóns de toneladas de residuos.

Adaptada ao estándar E3L e aos requisitos específicos de cada Administración son máis dun millón os documentos ambientais que xerou e tramitou con éxito a plataforma de Teimas durante o 2015.

En 2015, Teixo medrou tamén a nivel tecnolóxico con dúas apps para a xestión de puntos limpos e a recollida de residuos. A finalidade é adaptarse ás esixencias das compañías que a contratan. Pode incluso resolver as necesidades específicas dos xestores, produtores o transportistas de residuos que xa dispoñen dun sistema de información e formar parte deste, sen ter que cambiar de tecnoloxía base. 

Teixo destaca tamén pola súa suave curva de aprendizaxe, polo curto período de tempo en que o equipo administrativo e o resto de persoal comezan a axilizar a xestión da empresa. Teimas contempla trala contratación toda formación e soporte técnico necesarios, tanto durante a súa súa instalación, como durante o seu mantemento. Teixo incrementa a eficacia e a rendibilidade dos súas clientes a través da súa sinxeleza e da súa flexibilidade. Teixo produce, transporta e xestiona vantaxes competitivas.



Infórmate sen compromiso no 981 523 226 ou en info@teixo.es.

Sobre Teimas Desenvolvemento

Teimas Desenvolvemento é unha empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da reciclaxe e a xestión de residuos. Entre os seus proxectos está o software de xestión integral para empresas xestoras de residuos Teixo, o portal gestoresderesiduos.org, a plataforma GAIA de información ambiental da Xunta de Galicia e o proxecto de concienciación cidadá Tropa Verde.