Teimas recibiu hoxe de mans do reitor e do vicerreitor de Relación Universidade-Empresa da Universidade dá Coruña (José María Barja e Luís Barral) o certificado que nos acredita como empresa asociada á UDC. O certificado foi entregado nun acto no que tamén estiveron presentes outras empresas vinculadas á UDC como Avansig, Goovent, Trileuco y Galebook. O documento acredita durante tres anos a vinculación entre a entidade académica e Teimas.

Doutra banda ao fío deste acto de entrega Teimas participou nun relatorio da cadea Ser, sobre as iniciativas empresariais xurdidas da universidade, que tivo lugar na Facultade de Informática da UDC o pasado luns día 31 de Outubro. Na entrevista tamén participou Pilar Pintor directora da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI). A entrevista pódese escoitar a continuación:



Para obter mais información: na web de la UDC, ou en código cero.

Actualización 04 Novembro: Varios medios fanse eco da nova, como La Voz de Galicia, a cadea Ser, o Diario de Ferrol, o periódico ABC ou La Opinión de A Coruña. Poden verse as fotos do acto no perfil de Facebook da UDC.