Onte pola mañá levouse a cabo a sinatura dun acordo de colaboración entre Teimas e XesGalicia auspiciado polo fondo Xes-Innova. A entidade XesGalicia, sociedade xestora de entidades de capital risco galega dependente do IGAPE, considerou que o proxecto empresarial levado a cabo por Teimas ten demostrado a súa solvencia e é merecedor de apoio institucional en forma de respaldo económico. O fondo Xes-Innova pretende apoiar aqueles proxectos empresariais principalmente orientados á innovación e novas tecnoloxías. O acordo concretóuse nunha importante aportación ao capital social de Teimas na forma dun préstamo participativo sen aval.