O ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións 'Primavera Ambiental' organizado pola Universidade da Coruña contará coa presencia de Miguel Varela de Teimas. A súa participación será coma relator na conferencia adicada á Xestión de Residuos que terá lugar o día 8 de Maio ás 12 da mañá no salón de actos da facultade de ciencias. Na charla estarán presentes tamén Fins Eirexas da Asociación ecoloxista ADEGA e Marcial Blanco da cooperativa de consumo responsábel Zocamiñoca.
Máis información na web do evento na UDC.