Do 12 ao 14 de setembro de 2014, máis de 3.000 programadores, hackers, deseñadores, makers, fundadores, líderes e organizacións xuntaránse en máis de 40 cidades por todo o mundo para hackear contra o cambio climático, construíndo prototipos de solucións tecnolóxicas que responden a 15 retos relacionados co cambio climático.

Os equipos responderán a eles traballando nun periodo de 45 horas, dende o venres ás 7 p.m. ata o domingo ás 4 p.m. Como resultado, centos de proxectos prototipo amosarán solucións tecnolóxicas cun impacto positivo para a humanidade.

En cada cidade, un panel de xuíces, constituído de líderes tecnolóxicos e expertos na materia, seleccionarán os equipos máis prometedores en termos do seu potencial impacto. Estes pasarán á fase global de avaliación. Os equipos seleccionados polo panel de xuíces global presentarán os seus proxectos como parte da Semana do Clima NYC así como na Cumbre do Clima da ONU en Nova York en Setembro.

Teimas Desenvolvemento, como empresa especializada en tecnoloxías da información e medio ambiente, participará no panel de xuíces do hackathon que se celebrará en Santiago de Compostela, avaliando os proxectos nos que traballarán os equipos durante a fin de semana. O espazo de coworking DoutroXeito (http://www.doutroxeito.com/) prestará ás súas instalacións para levar a cabo o evento na capital galega. 

O evento non ten ánimo de lucro, pero cóbrase unha entrada de 20€ para cubrir o prezo
da cea do venres 12 e mais os cafés e aperitivos das dúas xornadas. Hai prazas limitadas, así que podes reserva-la túa no seguinte enderezo: http://www.eventbrite.es/e/entradas-hack4good-60-12822134349