Esta mañá arrincou en Santiago de Compostela o Foro de investimento de Galicia AT Venture co obxectivo de por en contacto a investidores, redes de business angels e emprendedores. Teimas acudiu como un dos 7 proxectos finalistas escollidos entre os máis de 60 que se presentaron inicialmente.

No foro estiveron presentes o conselleiro de Economia Javier Guerra, acompañado polo director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Joaquín Varela de Limia presentando un novo fondo de capital risco para empresas de base tecnolóxica.

Máis información en código cero.