Santiago de Compostela, 8 de maio de 2018.- O Circular Summit celebrarase o 18 de maio no Paraninfo de Laboral Cidade da Cultura de Gijón e pretende mostrar as oportunidades de negocio que ofrece a economía circular, así como xerar sinerxías entre empresas. Miguel Varela, xerente de Teimas, ademáis de como relator, tamén participará na mesa de debate sobre modelos de negocio circulares.

O evento está organizado pola Startup Community de Gijón, creada recentemente e formada pola comunidade de emprendedores dixitais das incubadoras de Impulsa e o Espazo Tecnolóxico Campus. Tamén colabora Compromiso Asturias XXI, iniciativa asturiana sen ánimo de lucro.

A entrada é gratuíta previa inscrición nesta ligazón.  A axenda do evento é a que segue:

  • 9.30h Recollida de acreditacións.
  • 9.45h Benvida e presentación Circular Summit.  
    • Rubén Hidalgo. Director Gijón Impulsa
  • 10.00h Innovación e economía circular: reinventar o sistema.
    • Guadalupe García. Experta en economía circular e desenvolvemento sustentable de Fundación Cotec para a innovación e Dirección de programas de UnltdSpain.
  • 12.00h Pausa café.
  • 12.30h Modelos de negocio circulares.
    • Miguel Varela. Fundador e CEO de Teimas Desenvolvemento: Empresa tecnolóxica que crea, desenvolve e comercializa solucions software e hardware para o sector da recuperación e a reciclaxe.
    • Diego Sacristán. BlendHub: "Fabricación on Cloud"
    • Isabel Santos. Táctica Tic: Sistema de alerta de verteduras en tempo real.
    • Rebeca Farpón. Asmadera: Creación dunha planta piloto experimental para pirolizar biomasa de eucalipto, obtendo así biochar e enerxía eléctrica (Proxecto LIFE).
  • 14.00h Peche da xornada.
  • 16.00h Encontro modelos de negocio circulares con Zacarías Torbado. Coordinador TheCircularLab en Ecoembes. Serán reunións privadas de 20 minutos de duración con empresas potenciais clientes e colaboradores co Dpto. de Innovación de Ecoembes nos seus proxectos de Economía Circular (previa solicitude na conta comunidad@milladelconocimiento.com).