O compromiso coa seguridade da información dos nosos clientes é prioritaria dende os nosos comezos, debido a que o nosos produto principal  comercializase en réxime Saas. Sendo conscientes delo dende o principio, en Teimas sempre temos traballado moi duramente no noso Sistema de xestión de seguridade da información (SXSI), culminando este ano coa obtención da certificación ISO/IEC 27001.

Os obxectivos que procurabamos acadar con este SXSI son garantir:

  1. A Integridade dos datos que os nosos clientes depositan nos nosos sistemas. Isto é, evitar a perda de información e a corrección da mesma.
  2. A Confidencialidade da información. O conxunto dos datos almacenados nos nosos sistemas somentes están dispoñibles para as persoas autorizadas a acceder a eles. 
  3. Dispoñibilidade de acceso aos datos. É dicir, garantir que os nosos clientes poidan acceder aos seus datos cando o precisen.

Todo iste traballo viuse recompensado coa consecución da certificación por parte da prestixiosa consultora alemana TÜV Rheinland. Esa certificación confirma que o noso SXSI segue a norma ISO/IEC 27001 e por elo permite acadar eses obxetivos anteriormente indicados.

Pode descargar a certificación aquí.