Teimas, empresa tecnolóxica especializada no sector residuos, asinou un convenio de colaboración con Enxendra para que os usuarios de Teixo, software desenvolvido por Teimas e o cal empregan preto de 200 plantas xestoras de residuos en España, poidan acceder ao SII,Subministración Inmediata da Información. Enxendra aplicará un desconto aos usuarios que accedan ao SII desde Teixo.

O SII é o novo sistema electrónico para a declaración telemática dos libros de rexistro de IVE, o cal permite comunicar de forma inmediata as operacións realizadas polas empresas.Con este sistema xa non será necesario presentar os modelos 340, 347 nin 390.

O SII entrou en vigor o 1 de xullo de 2017 e é obrigatorio para máis de 62.000 empresas españolas. A obrigación aplica ás empresas que deben autoliquidar o IVE de forma mensual.Ditas empresas son as seguintes:

  • As grandes empresas, cunha facturación maior aos 6 millóns de euros.
  • Empresas inscritas no réxime de devolución mensual (REDEME).
  • Aqueles que apliquen o réxime do grupo de entidades recollido no Capítulo IX do Título IX da Lei do IVE 
  • E calquera empresa poderá, voluntariamente,sumarse ao uso do SII.

Sobre Teimas: Teimas Desenvolvemento é unha empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da reciclaxe e a xestión de residuos. Entre os seus proxectos están Teixo,software de xestión integral para empresas xestoras de residuos; o portal Gestoresderesiduos.org, catálogo de xestores e actualidade do sector; a plataforma GAia de información ambiental da Xunta de Galicia e o proxecto de concienciación cidadá Tropa Verde. GReTel é a ferramenta desenvolvida por Teimas coa que Telefónica dixitaliza a xestión dos seus residuos en 17 paises.

Sobre Enxendra: Enxendra é unha empresa de tecnoloxía e innovación que se dedica a crear servizos de facturación electrónica, firma dixital e voto electrónico. Desde  2009, a súa misión sempre foi desenvolver un software innovador e fácil de usar para que as empresas poidan intercambiar a súa documentación de forma electrónica. Teñen oficinas na Coruña, Madrid e Barcelona. Contan con miles de clientes na solución en liña e participan en grandes proxectos para grandes marcas.