Despois de seren seleccionados na edición Galega do foro entre máis de 60 proxectos, presentaremos a nosa proposta na edición final deste ano do AT Venture Forum, que se ha celebrar os próximos días 1 e 2 de Xuño en Oviedo. Haberá representantes de diversos países (España, Portugal, Irlanda e Reino Unido) na forma de emprendedores, investidores e/ou relatores. O obxectivo deste encontro é facilitar a posta en marcha das empresas poñendo en contacto a emprendedores (de España e Portugal) e investidores (teñen previsto acudir un cincuenta investidores de toda Europa), entre os que destacan os procedentes do Reino Unido.