Debido á positiva repercusión que supuxo a participación de Miguel Varela na xornada sobre Emprego Verde que tivo lugar na sede de Afundación de Vigo o pasado 27 de xaneiro, a mañá do 29 de xaneiro , Antonio Lodeiro, de Radio Líder , entrevistou ao xerente de Teimas.

Na entrevista, á que poden acceder aquí ao seu contido íntegro, Miguel Varela responde a cuestións como, entre outras, a por que el e máis os seus socios decidiron crear unha empresa de produto de base tecnolóxica especializada no sector residuos.

Teimas, co software Teixo como bandeira, está a desenvolver na actualidade a nova plataforma ambiental da Xunta de Galicia, así como tamén deu forma a un software colectivo para que de maneira conxunta varias empresas realicen unha óptima xestión dos residuos. Miguel Varela explica tamén como dende Teimas púxose en marcha o desenvolvemento doutras ferramentas enfocadas á cidadanía, produtos sempre relacionados co sector medioambiental nos que a empresa conducida polo entrevistado acumula experiencia e expecialización.

O socio fundador de Teimas fala tamén na entrevista sobre o portal Gestoresderesiduos.org, medio online líder en lingua hispana especializado no sector residuos.