Dentro do ciclo de Xornadas Medioambientais acollidas por Afundación, produciuse na tarde do 27 de xaneiro en Vigo un interesante debate referente ao Emprego Verde no que os principais contribuíntes foron Víctor Viñuales, director de Ecodes (á dereita na foto)  e o xerente de Teimas, Miguel Varela (foto: esq). Actuou como moderador o xornalista Julián Rodríguez.

Nun acto no que o público asistente coincidía na perfecta complementariedade dos discursos dos intervenientes; namentres que Víctor Viñuales aportou a súa excelente e documentada visión macro da problemática ambiental, Miguel Varela compartiu cos asistentes, de forma amena pero tamén rigorosa, a experiencia de terse lanzado xunto cos seus socios a emprender e a formar parte do emprego verde, destacando as múltiples dificultades atopadas pero tamén os éxitos obtidos en Teimas como TIC especializada no sector residuos.

Na quenda de preguntas posterior ós relatorios formuláronse por parte do público cuestións tan dispares como interesantes: dende preguntas referentes á comercialización de produtos ecolóxicos a impresións  sobre a intención última do que dende a empresa adopta una actitude ecolóxica e de concienciación ambiental.  A este respecto, Miguel Varela indicaba que o que hoxe é "Eco" por opción nuns anos o será por obriga. 

Pódese consultar como resume o acto o diario Economía Digital, organizador xunto con Sogama destas xornadas, accedendo aquí ao artigo publicado hoxe respecto a este evento.