Teimas, empresa adicada á produción de tecnoloxía para o sector dos residuos e a reciclaxe estrea nova web corporativa. Xunto con esta, tamén cambia de cara a plataforma Gestores de Residuos, o primeiro catálogo de xestores de residuos de España e un dos principais medios nacionais especializados no sector dos residuos e da reciclaxe.


Como compañía con orixe na innovación e na busca constante de novas solucións, Teimas quere que a imaxe do seu sitio corporativo e a de Gestores de Residuos se poñan ao ritmo dos seus proxectos tecnolóxicos tras máis de oito e sete  años desde os seus respectivos lanzamentos.


Ambas recollen avances técnicos aparecidos durante estes anos como o deseño adaptado a dispositivos móbiles, así como  tamén a necesidade de facer a información máis accesible e clara ao usuario.


TEIMAS.COM

O redeseño de teimas.com reflexa a importancia que Teimas outorga aos seus empregados e a os seus colaboradores, polo que ambos toman un papel protagonista na mesma. Os novos contidos inclúen:

  • A historia do proxecto.
  • Un percorrido polos membros actuais do equipo de Teimas e por aquéles que xa non traballan na compañía.
  • Unha descrición dos proxectos nos que traballa o equipo.
  • Mensaxes de apoio e agradecemento de clientes e compañías coas que traballa Teimas.

GESTORES DE RESIDUOS


No caso de Gestores de Residuos o redeseño persegue unha lectura máis cómoda para as noticias e un catálogo co que acceder de maneira máis clara á información dos centros e das compañías xestoras de residuos. Este redeseño, sen embargo, é tan só a primeira dunha serie de melloras previstas para os próximos meses. Con is esperase ofrecer unha mellor experiencia aos usuarios da web e chegar a un público máis amplo.


¿Queres contarnos que che parece o novo deseño? As nosas contas de de Twitter e de Facebook seguen sendo as mesmas, sería un pracer poder contar coa túa opinión.