Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2016Os Premios Ciudad Sostenible promovidos pola Fundación Fórum Ambiental otorgaron na súa edición número 13 o diploma como finalista na categoría de “Xestión de Residuos” á cidade de Santiago de Compostela.

Xan Duro, concelleiro de Medio Ambiente da capital galega recolleu o diploma de mans da Ministra en funcións de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina. 

Promovida pola empresa Teimas Desenvolvemento xunto co Concello de Santiago de Compostela e Urbaser, Tropa Verde SCQ incentiva a reciclaxe mediante recompensas directas aos cidadáns que colaboran co medio ambiente. Cada vez que un compostelán ou compostelá acude aos puntos habilitados para reciclar (Puntos Limpos, Centros Socioculturais…) entrégaselle un cheque con estrelas a trocar na web tropaverde.gal polas distintas recompensas coas que os establecementos patrocinadores contribúen a esta orixinal e efectiva forma de mellorar a calidade ambiental.

A iniciativa Tropa Verde ten dende a súa posta en marcha, o 17 de maio de 2015, unha excelente acollida e conta xa con case 2.000 cidadáns rexistrados na plataforma. Recompensáronse máis de 6.400 accións positivas ambientalmente e os 115 establecementos patrocinadores entregaron xa 700 recompensas. Tropa Verde conta con múltiples seguidores nas redes sociais: Facebook , TwitterYoutube.

Pór en marcha a Tropa Verde na túa comunidade ou concello é fácil: ponte en contacto connosco no correo electrónico info@tropaverde.gal ou no teléfono 981 523 226.






Sobre Teimas Desenvolvemento 
Teimas Desenvolvemento é unha empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da reciclaxe e a xestión de residuos. Entre os seus proxectos está o software de xestión integral para empresas xestoras de residuos Teixo, o portal Gestoresderesiduos.org, a plataforma GAIA de información ambiental da Xunta de Galicia ou o proxecto de concienciación cidadá Tropa Verde.