Desde Teimas Desenvolvemento continuamos traballando para dar a coñecer Teixo, o noso software para a xestión de residuos que xa conta con máis de 270 usuarios rexistrados. Desta vez, presentaremos a ferramenta nas xornadas técnicas organizadas pola revista Residuos, unha das publicacións máis prestixiosas do sector. Miguel Varela, director comercial de Teimas será quen acuda a esta cita para presentar Teixo.

Baixo o título "Sistemas de mellora na reciclaxe e valorización de residuos", celebraránse estas xornadas o vindeiro 21 de maio en Madrid na sede de Reed Business Information (rúa de Albarracín 34).

En xullo do pasado ano foi publicada a nova Lei de refugallos e solos contaminados. O obxectivo principal destas xornadas é informar sobre os cambios máis importantes na lexislación e analizar, dende unha perspectiva integral que incluirá a tecnoloxía, o factor legal, económico, social e medioambiental, as diversas formas de adaptarase e afrontar estes novos retos.

A participación de Teimas nesta xuntanza pretende darlle cobertura ao aspecto tecnolóxico. Neste senso, Teixo servirá para exemplificar como se poden adaptar os procesos informáticos da xestión de refugallos a esta normativa.

Miguel Varela falará tamén da nosa web Gestores de Residuos, que funciona coma un punto de encontro especializado, incluíndo actualidade e outra información relevante para o sector. A media de visitantes únicos mensuais do portal é de aproximadamente 8.000, tendo en xeral un perfil técnico medio alto. A información complementase tamén cun boletín semanal que chega a 400 persoas, unha conta propia en Twitter que supera os 1000 seguidores e un catálogo de profesional no que xa figuran unhas 100 instalacións de reciclaxe, tratamento, almacenamento e outros eslabóns da cadea da xestión de refugallos.