Ricardo Vila, un dos socios fundadores de Teimas, foi o encargado de recoller o pasado venres 26 de xuño en Santiago de Compostela o Premio Iniciativa Emprendedora que otorgou o CPEIG, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, a Teimas Desenvolvemento.

Noite da Enxeñaría Informática de Galicia, organizada polo CPEIG, é o evento social de referencia no sector TIC galego. Nesa Noite, a cal celebrou o pasado día 26 de xuño a  súa sétima edición, reúnense os colexiados e colexiadas nun acto de reafirmación da profesión, sendo tamén un momento para compartir experiencias e conocerse mellor.

@s colexiad@s son acompañados por representantes do empresariado TIC galego, cargos públicos e membros doutros estamentos que axudan coa súa presencia a facer máis visible a profesión de enxeñaría informática a toda a sociedade.

Nos premios CPEIG distínguese a aquelas persoas, empresas e institucións que, co seu traballo, están a consolidar a sociedade da información.