Quen?

Teimas (teimas.com) é unha empresa de base tecnolóxica con oficina en Santiago de Compostela, especializada no sector da xestión de residuos e a reciclaxe . O noso equipo consta de 15 persoas, nun ambiente dinámico e no que a tecnoloxía ten grande importancia. Se buscas traballar nunha gran consultora, non sigas lendo

Que facemos?

Produtos software para o sector residuos: ERP para xestores e recicladores (teixo.es), sistema de recompensa ao cidadán pola correcta separación (tropaverde.org), medio de comunicación e punto de encontro empresarial no sector (gestoresderesiduos.org), sistema de xestión e control da produción para grandes empresas (ec.teixo.es).

Que precisamos?

Comercial júnior con coñecementos de marketing e comunicación. Buscamos unha persoa proactiva con experiencia en ventas, orientada a resultados e con dispoñibilidade para desprazarse fora de Galicia. Impórtanos a túa actitude e a túa capacidade para aprender máis do que xa sabes.

Que ofertamos?

Posto de traballo nun ambiente realmente bo e horario europeo (09:00 - 13:00, 13:30 - 17:00). Salario entre 12.000 € - 15.000€ brutos anuales + comisiones. Coñecer unha startup consolidada en plena ampliación do seu abanico de produtos e servizos. Estar en contacto cun sector relevante para a sociedade.

Onde?

Ven a ver ti mesmo as nosas oficinas en Praza de Pascual Veiga, 7, Ent A, Santiago de Compostela (teimas.com/contacto). Chama antes ao 981 523 226.

Cando?

A incorporación dependerá da túa dispoñibilidade e haberá que estudalo, nós precisamos de ti xa.

Como fago a solicitude?

Envía o teu CV a info@teimas.com co asunto “Comercial Jr.”.