Quen?

Teimas (teimas.com) é unha empresa de base tecnolóxica con oficina en Santiago de Compostela, especializada no sector da xestión de residuos e a reciclaxe. O noso equipo consta de 15 persoas, nun ambiente dinámico e no que a tecnoloxía ten grande importancia. Se buscas traballar nunha gran consultora, non sigas lendo.

Que facemos?

Produtos software para o sector residuos: ERP para xestores e recicladores (teixo.es), sistema de recompensa ao cidadán pola correcta separación (tropaverde.gal), medio de comunicación e punto de encontro empresarial no sector (gestoresderesiduos.org), sistema de xestión e control da produción para grandes empresas (ec.teixo.es).

Que precisamos?

Persoa titulada universitaria ou de formación profesional na rama de medio ambiente. Buscamos unha persoa proactiva para axudar ao equipo técnico na xestión de proxectos, captación de requisitos, control e xeración de documentación ambiental de traslado de residuos, control de procedementos, comparacións de distintas lexislacións, etc. Impórtanos a túa actitude e a túa capacidade para aprender máis que o que xa sabes.

Que ofertamos?

Bolsa de traballo de 3 meses prorrogable (600 €/mes), nun ambiente realmente bo e horario europeo (09:00 - 13:00, 13:30 - 17:00). Coñecer unha startup consolidada en plena ampliación do seu abanico de produtos e servizos. Estar en contacto cun sector relevante para a sociedade.

Onde?

Ven a ver ti mesmo as nosas oficinas en Praza de Pascual Veiga, 7, Ent A, Santiago de Compostela (teimas.com/contacto). Chama antes ao 981 523 226.

Cando?

A incorporación dependerá da túa dispoñibilidade e haberá que estudalo, nós precisamos de ti xa.