Teimas Desenvolvemento, responsable do portal Gestoresderesiduos.org,  editou o primeiro número en papel da Revista Gestores de Residuos. Enviáronse de balde 2.000 exemplares a destinatarios pertencentes ao sector residuos, tanto a entidades públicas como privadas.

Neste primeiro número contouse coaa colaboración de expertos no sector como Julio Clerins, David Vidorreta, Santiago Molina e Benito Blanco e cos patrocinios de SogamaZabalgarbi e Olivero Impianti

Podes acceder ao contido completo do primeiro número da revista Gestores de Residuos aquí.


Sobre Teimas Desenvolvemento 

Teimas Desenvolvemento é unha empresa especializada no desenvolvemento de tecnoloxía para o sector da reciclaxe e a xestión de residuos. Entre os seus proxectos está o software de xestión integral para empresas xestoras de residuos Teixo, o portal Gestoresderesiduos.org, a plataforma GAIA de información ambiental da Xunta de Galicia ou o proxecto de concienciación cidadá Tropa Verde.