A versión 1.10 de Teixo ven de ser liberada e está xa dispoñible para os nosos usuarios. Esta nova versión continúa coa nosa filosofía de mellora continua do produto e reforza o seu sentido coma plataforma do sector incluíndo novas funcionalidades tan importantes coma as comunicacións automáticas entre empresas (B2B ou Business to Business) e entre empresas e administracións (B2G ou Business to Government). Concretando, algunhas das novas funcionalidades son:
  • Conexión e comunicación con outras empresas a través da plataforma. A partir de agora poderá enviar/recibir documentos para/de os seus contactos por medio de Teixo sen necesidade de empregar outras ferramentas como o correo electrónico, introdución de datos a partires de documentos en papel, etc.
  • Tramites coa administración. Nesta versión xa é posible transaccionar de xeito automático e transparente co sistema SIRGa da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras.
  • Importación de E3L. O sistema agora permite a importación de documentos nestes formatos (DA, SA, NT e DCS).
  • Melloras no xestor documental.
  • Outras melloras nos procesos.
Pode ter mais información no Blogue de Teixo.