Onte ás cinco da tarde realizouse no edificio FEUGA en Santiago de Compostela a xornada informativa "Modernización de software no sector residuos: Linguaxe E3L" con gran acollida por parte das empresas do sector. A xornada estivo organizada por Teimas e Aproema.

Nela déronse cita máis de 40 persoas a maioría vinculadas a empresas asociadas a Aproema. A xornada contou con dúas partes diferenciadas.
Na primeira Miguel Varela deu unha visión xeral da tecnoloxía E3L e a súa importancia para o sector ambiental en xeral e para o subsector dos residuos en particular. Posteriormente presentou información sobre unha serie de subvencións promovidas desde a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas destinadas a potenciar a modernización do sector en Galicia apoiando a adopción de ferramentas TIC e en concreto a implantación de sistemas compatibles con E3L. Pode ver a presentación aquí.
Na segunda parte Iago Elizechea presentou a plataforma Teixo e unha parte das súas funcionalidades, así como a progresión que vai seguir a ferramenta ao longo do tempo. Destacou as vantaxes da adopción dunha ferramenta Saas fronte á adquisición dun software (ou desenvolvemento a medida) tradicional. Pode ver a presentación aquí

A xornada acabou cun toque festivo coa invitación a uns petiscos na que os asistentes puideron comentarnos as súas impresións.