A Xunta de Galicia acaba de actualizar a plataforma GaIA co obxectivo de adaptarse ao Real Decreto 180/2015 de traslado de residuos. Para iso, cambiou a linguaxe no que a plataforma xera e recibe a documentación ambiental.

Entre as principais novidades da nova versión de GaIA destacan a incorporación de novas autorizacións e figuras, así como cambios relativos ás notificaciones de traslado (NT) e documentos de identificación (IDE).

Ditas novidades resúmense en detalle nunha guía recientemente elaborada polo equipo de Teixo, software para xestores, axentes e negociantes de residuos. Esta solución tecnolóxica foi lanzada en 2010 ao mercado español por Teimas e actualmente é empregada en España por máis de 350 centros de xestión de residuos. A guía de Teixo pode descargarse de xeito gratuita a través deste enlace: